O 30 de maio, tivemos a última etapa do Camiño de Santiago que viñamos facendo na parroquia. Nesta etapa, uníronse nenas e nenos da catequese para celebrar xuntos a clausura do curso. Tivemos una celebración na que participaron persoas de todos os grupos e comisións de traballo que manteñen con vida á nosa comunidade.
Festa no camiño, festa no templo e despois...aínda máis festa!!!...como poderedes ver.
FIN DE CURSO: 30 DE MAIO
O vindeiro 30 de maio teremos o fin de curso para toda a parroquia.
Desenvolverase do seguinte xeito:
O grupo parroquial que ven facendo a última etapa do Camiño de Santiago, virá dende Lavacolla. As nenas e nenos da Catequese de primaria, estarán esperándoos na Estatua do Peregrino no Monte do Gozo coas súas familias para incorporarse ao grupo. As nenas e nenos de Infantil, estarán esperándoos no Palacio de Congresos e Exposicións coas súas familias para incorporarse ao grupo. Todos xuntos chegarán á parroquia para ter a celebración as 12.30h. (Non haberá misa ás 13h)
Despois da Eucaristía, teremos unha comida comunitaria no pavillón do Colexio de Fontiñas. Todas as persoas interesadas en participar na comida, deben anotarse nas listas da parroquia. Alí terán información sobre o prezo da mesma, que polo de agora está sen concretar.
A continuación do xantar, teremos a Festa de Fin de Curso con actuacións e xogos para todos.
Esperamos poder contar con todos vós. Animádevos!!

EXCURSIÓN PARROQUIAL: 8 DE MAIO
Estimadas familias:
O vindeiro día 8 de maio a Parroquia desenvolverá a excursión comunitaria que este ano ten por destino Fisterra.
O custe será de 10€ nenos e 20€ adultos que servirá para sufragar os gastos de autobús e do Cruceiro en barco polo mar de Fisterra.
Ao regreso, visitaremos o Castelo de Vimianzo.
O abono efectuarase no autobús.
Como actividade comunitaria consideramos de gran importancia que os nenos da catequeses asistan coas súas familias para ser testemuñas dunha xornada de convivencia compartida con todos os catequistas, pais, nenos e adultos da nosa Parroquia.
Sairemos de diante da parroquia en autobús ás 8:30 para regresar en torno as 20:00. Cada un levara o seu xantar para comermos e compartir xuntos.
A data límite para anotarse é o 29 de abril. Podedes facelo nas listas na parroquia.
As nenas e nenos de catequese deben entregar unha ficha cuberta polo adulto que o acompañará. Neste caso, cubride só unha ficha por familia, NON SERÁ NECESARIO APUNTARSE EN NINGUNHA OUTRA LISTA SE ENTREGADES A FICHA.
No seguinte link, podes visitar a páxina coa información do paseo en barco:
www.crucerosfisterra.com
.
Magosto 2009
O vindeiro sábado 7 de novembro ás 17h da tarde, teremos o MAGOSTO.
Animádevos a participar, estarémosvos esperando.
Animádevos a participar, estarémosvos esperando.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)