EXCURSIÓN PARROQUIAL: 8 DE MAIO


Estimadas familias:

O vindeiro día 8 de maio a Parroquia desenvolverá a excursión comunitaria que este ano ten por destino Fisterra.
O custe será de 10€ nenos e 20€ adultos que servirá para sufragar os gastos de autobús e do Cruceiro en barco polo mar de Fisterra.
Ao regreso, visitaremos o Castelo de Vimianzo.

O abono efectuarase no autobús.

Como actividade comunitaria consideramos de gran importancia que os nenos da catequeses asistan coas súas familias para ser testemuñas dunha xornada de convivencia compartida con todos os catequistas, pais, nenos e adultos da nosa Parroquia.

Sairemos de diante da parroquia en autobús ás 8:30 para regresar en torno as 20:00. Cada un levara o seu xantar para comermos e compartir xuntos.

A data límite para anotarse é o 29 de abril. Podedes facelo nas listas na parroquia.

As nenas e nenos de catequese deben entregar unha ficha cuberta polo adulto que o acompañará. Neste caso, cubride só unha ficha por familia, NON SERÁ NECESARIO APUNTARSE EN NINGUNHA OUTRA LISTA SE ENTREGADES A FICHA.

No seguinte link, podes visitar a páxina coa información do paseo en barco:
www.crucerosfisterra.com



.