FIN DE CURSO: 30 DE MAIO

O vindeiro 30 de maio teremos o fin de curso para toda a parroquia.

Desenvolverase do seguinte xeito:

O grupo parroquial que ven facendo a última etapa do Camiño de Santiago, virá dende Lavacolla. As nenas e nenos da Catequese de primaria, estarán esperándoos na Estatua do Peregrino no Monte do Gozo coas súas familias para incorporarse ao grupo. As nenas e nenos de Infantil, estarán esperándoos no Palacio de Congresos e Exposicións coas súas familias para incorporarse ao grupo. Todos xuntos chegarán á parroquia para ter a celebración as 12.30h. (Non haberá misa ás 13h)

Despois da Eucaristía, teremos unha comida comunitaria no pavillón do Colexio de Fontiñas. Todas as persoas interesadas en participar na comida, deben anotarse nas listas da parroquia. Alí terán información sobre o prezo da mesma, que polo de agora está sen concretar.

A continuación do xantar, teremos a Festa de Fin de Curso con actuacións e xogos para todos.

Esperamos poder contar con todos vós. Animádevos!!